LugoPatrimonio analiza a pegada do ferro en Galicia

Un ciclo de conferencias e visitas tratará esta cuestión entre marzo e outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Desde a época castrexa ata a fábrica de Sargadelos, o ferro deixou unha pegada importante na nosa cultura. Agora, o colectivo LugoPatrimonio dedícalle a este material o Ciclo do Ferro, unha serie de conferencias, encontros e excursións a enclaves de importancia neste campo. Onte unha primeira palestra sobre a Idade do Ferro en Galicia abría o encontro, que continuará o día 27 cunha visita ao Castro de Neixón e outros enclaves castrexos da costa. As actividades continuarán o vindeiro mes de agosto, centradas nesta ocasión na industria de Sargadelos, e en outubro abordaranse as ferrarías tradicionais da Pontenova e Riotorto.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Idade do Ferro

Claves

Entidades
Conceptos