Cambre prepara as súas VII Xornadas Castrexas

O concello recoñece que polo momento non recuperará os restos de Castromaior

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cartel das VII Xornadas Castrexas

Cartel das VII Xornadas Castrexas

Os vindeiros 24 e 25 de outubro, o Concello de Cambre celebrará a sétima edición das súas Xornadas Castrexas. No programa inclúense conferencias sobre os banquetes castrexos, a Idade do Ferro no Barbanza ou o castro do Achadizo, ademais de excursións e visitas escolares a restos deste tipo. O tenente de alcalde, Xabier Iglesias, sinalou que é intención do Concello rehabilitar os restos de Castromaior e continuar as investigacións sobre esta época, malia a que recoñeceu que polo momento non dispoñen de fondos para abordar estes proxectos.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambre, Idade do Ferro, Barbanza

Claves

Conceptos
Lugares