Tal e como estaba xa anunciada, neste ano 2010, abriranse a biblioteca, o arquivo e o edificio de servizos centrais da Cidade da Cultura. Asà o corroborou onte no Parlamento o presidente, Alberto Núñez Feijóo, no marco do debate sobre o Estado da AutonomÃa. Unha primeira sesión na que non se fixo ningunha mención ao sector audiovisual (si á modificación da Lei da CRTVG que xa iniciou o seu traballo) malia que é declarado estratéxico por lei. Pola súa banda, na sesión de hoxe, o BNG solicitou a retirada do Decreto do Plurilingüismo alén de denunciar os descensos dos orzamentos de normalización lingüÃstica (nun 20%) e polÃticas culturais (15%). Pola súa banda, os socialistas volveron demandar que se defina a polÃtica cultural dun departamento ao que cualificaron de “surrealista”.