A librarÃa Couceiro de Compostela acolle mañá ás oito da tarde a presentación de 2.0 Editora. Este novo proxecto nace coa intención de "converter ao lector no centro do universo editorial", e para isto quere combinar a edición en papel cos soportes dixitais, tanto para lectura en pantalla e libro electrónico como para ouvir. Para comezar, presentan na colección de narrativa Mundos a GuÃa do autostopista galáctico de Douglas Adams, e Sen novas de Gurb, de Eduardo Mendoza. Nesta mesma serie no seu web adiantan a edición de O home que era xoves de G.K. Chesterton. Un idioma preciso, de Xusto RodrÃguez RÃo abre a colección FolcsonomÃas centrada en ensaios sobre comunicación. A firma adianta tamén que oferta os seus servizos para a autopublicación dos autores interesados.