A Deputación da Coruña convoca un certame de BD sobre igualdade

O primeiro premio é un ordenador e mais unha colección de cómics

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Un cadriño ou unha tira de catro cun mesmo fío conductor. Estes son os formatos que se poden presentar ao Concurso viñetas cómic A Medias, que organiza a Deputación da Coruña e que vai dirixido a autores de entre 12 e 18 anos. A temática das historias terá que estar relacionada con cuestións de igualdade, como o reparto de tarefas no fogar, a conciliación da vida familiar e laboral ou a igualdade de oportunidades laborais. O gañador farase cun ordenador portátil e mais unha colección de cómics. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro oito de maio.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Cómic, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos