O CGAI levará a súas actividades fóra da Coruña

Santiago será a primeira localidade en contar con proxeccións semanais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“A filosofía é que se poidan ver en toda Galicia tanto actividades formativas como proxeccións” así de claro fala Guillermo Escrigas, director do Centro Galego de Artes da Imaxe, sobre descentralizar a actividade deste centro que ten a súa sede na Coruña. E a primeira localidade que acolla programación semanal (a intención é que haxa unha proxección á semana) é Santiago. Malia que aínda faltan moitos flocos por concretar, a cita terá lugar na facultade de Ciencias da Información. Despois virán Vigo, Pontevedra e outras cidades nas que se está buscar un espazo para poder facelo. Pero non serán exclusivamente proxeccións, xa que tamén se pretende desenvolver cursos formativos, como o que desenvolverán en Ferrol para conmemorar o centenario de Torrente Ballester que “foi guionista de moitos títulos” tal e como apuntou Escrigas.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, CGAI, Filosofía, Centro Galego de Artes da Imaxe...