A Filmoteca de Galicia, anteriormente coñecida como Centro galgo de Artes da Imaxe, será obxecto dunha renovación na súa sede coruñesa, dirixida á mellora do equipamento de proxección e as instalacións de sala. A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade ven de anunciar o investimento de máis de 110.000 euros neste proxecto de modernización das instalacións, que redundará nunha mellora das condicións de uso tanto por parte do público como do persoal da cinemateca. Tras destas obras, que se acometerán en dúas fases, a Filmoteca de Galicia retomará a súa programación de proxeccións. Esta entidade de conservación e difusión do patrimonio audiovisual segue arestora sen ter cuberto o posto de dirección desde a xubilación do recentemente falecido Guillermo Escrigas en 2019.
A reforma da Filmoteca, situada na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña, desenvolverase en dúas fases ao longo desta recta final do ano, unha vez finalizado o proceso para a obtención dos correspondentes informes, licenzas e permisos. En primeiro lugar, estase xa a executar a obra de maior envergadura, que afecta á cabina de proxección e que porá todo o espazo ao mesmo nivel, eliminando os compartimentos existentes ata o momento. Esta actuación optimizará as condicións de traballo no seu interior, ao tempo que gañará amplitude para operar os distintos proxectores: dixital, 35 mm e 16 mm. Neste sentido, facilitará as sesións cinematográficas que combinan diferentes formatos, circunstancia habitual nas programacións da Filmoteca. A segunda fase levarase a cabo na sala da cinemateca, que será renovada na súa totalidade. Cambiaranse teitos, paredes, chan e butacas, asà como todo o sistema de iluminación e de ventilación. Someterase, pois, a unha modernización integral que non será exclusivamente estética, senón que tamén redundará nunhas mellores condicións de seguridade, mobilidade e comodidade do público.