Alfonso Paz Andrade falará sobre a sociedade galega e a pesca na London School of Economics

Paul Preston será o presentador do acto, que comeza ás 18 h. en Londres

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Alfonso Paz-Andrade, anterior Presidente de Pescanova e presidente do Comité Executivo da World Fishing Exhibition – Vigo 2009) impartirá a conferencia “Galicia: a nation of Fishermen” (Galicia: unha nación de pescadores) na London School of Economics, mañá 10 de marzo, ás 18 h. A conferencia será moderada e introducida polo historiador Paul Preston e impartirase no Centro Canada Blanch da devandita escola en Londres.

O Consello da Cultura Galega mantén un acordo coa Fundación Cañada Blanch para “difundir a cultura de Galicia nun marco universitario de excelencia, especializado na formación de científicos sociais de todo o mundo”. Deste xeito, nas actividades do Consello da Cultura Galega na London School of Economics xa participaron como conferenciantes o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (15 de outubro) e o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Manuel Núñez Seixas (3 de decembro).

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Londres, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia...