Comezan as conferencias para difundir a cultura galega en Londres

O Consello da Cultura e o Cañada Blanch Centre traballan xuntas no proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Trátase dunha iniciativa para dar a coñecer a cultura do noso país en Londres da man de reputados profesores de universidade, deputados e personalidades. E para abrir o proxecto, o presidente da Xunta (que tamén é presidente de honra do Consello da Cultura Galega), Alberto Núñez Feijoo, acode hoxe á capital británica nun acto no que estará o presidente do CCG, Ramón Villares; o chairman da Anglo-Spanish Cultural Foundation-Founder Vicente Cañada Blanch (London school), David Brighty; e Paul Preston, director do Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies. De seguido, terá lugar a conferencia inaugural na que Pedro Puy Fraga falará sobre Galicia na política española actual.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Londres, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Lugares