O Consello da Cultura e a London School of Economics realizarán actividades conxuntas

As actividades terán lugar no Cañada Blanch Center for Contemporary Spanish Studies

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Chariman e director da Anglo-Spanish Cultural Foundation (Founder Vicente Cañada Blanch), David Brighty e Paul Preston, realizarán actividades conxuntas de intercambio cultural. Iso tradúcese en conferencias, seminarios e cursos sobre programas de interese para as dúas institucións e o intercambio de experiencias culturais. A primeira desas actividades terá lugar o vindeiro curso académico (2009-2010) coa organización de diferentes actividades na sede do Cañada Blanch Centre for Contemporay Spanish Studies.

A Anglo-Spanish Cultural Foundation, patrocinador do Cañada Blanch Center for Contemporary Spanish Studies, forma parte do Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science, pertencente á Universidade de Londres. Promove a investigación e o ensino da historia contemporánea española, a súa economía, socioloxía e cultura.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Consello da Cultura Galega, Economía, Ensino...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares