O vindeiro 15 de outubro inaugurarase na Clement House de Londres un ciclo de conferencias que "ten como obxectivo a difusión da cultura de Galicia nun marco universitario de excelencia, especializado na formación de cientÃficos sociais de todo o mundo", en virtude dun convenio asinado entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Cañada Blanch da London School of Economics. A primeira conferencia estará impartida polo profesor da USC e deputado do PP no Parlamento galego Pedro Puy, que presentará o relatorio "Unha voz leal: Galicia na polÃtica española actual", presentada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O programa do curso inclúe outras tres conferencias. O 3 de decembro, o catedrático de Historia Contemporánea da USC Xosé Manoel Núñez Seixas presenta a conferencia "Galicia-América: da emigración á inmigración”. O 25 de febreiro, Alfonso Paz-Andrade, ex Conselleiro-Delegado de Pescanova presentará: 25 de febreiro, “Galicia, un paÃs pesqueiro”. POla súa banda, o 20 de mayo o Catedrático de Ciencia PolÃtica da USC e membro do Plenario do CCG, Ramón Máiz, presentará o relatorio “Galicia e España: unha perspectiva desde o federalismo”.