"Galicia e España: unha perspectiva desde o federalismo” é o tÃtulo da conferencia que Ramón Máiz, Catedrático de Ciencia PolÃtica da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, pronunciará na London School hoxe ás 17´30 horas. O acto contará coa presenza do presidente do CCG, Ramón Villares. O Consello da Cultura Galega fecha asà o primeiro ciclo de actividades conxuntas no Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science. O obxectivo foi promover o coñecemento e a difusión da cultura galega no exterior.