O exercicio da memoria

Disque Danza reflexiona sobre a identidade no seu último espectáculo

2/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle en Des-memoria-2

“Non hai un fío argumental, senón que é un xogo de carácter performativo co que pretendemos reflexionar sobre a identidade”. Olga Cameselle define así Des-memoria-2 o último espectáculo de Disque Danza, en colaboración con La Artística, Teatro Ensalle (onde desenvolveron un traballo en residencia) e La Canalla. O dúo que forma xunto con Alfredo Rodríguez, pretende pór sobre as táboas preguntas que serven para cuestionar a identidade como identificación individual e colectiva. Un xogo no que o público desenvolve un papel importante e que sitúa este espectáculo de danza moi próximo á linguaxe teatral. Des-memoria-2 está de xira por Galicia, despois de que esta fin de semana se achegara ás rúas de Vigo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

29/06/2010

Desexos e presenzas

Mónica García, Ricardo Santana e Iván Marcos estrean no Empape o seu último espectáculo

10/02/2010

A danza inmóbil

David Loira estrea en Santiago un espectáculo no que baila a sexualidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Identidade, Danza, Teatro...

Claves

Entidades
Lugares