A danza inmóbil

David Loira estrea en Santiago un espectáculo no que baila a sexualidade

10/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Identidade sexual, paisaxes, dependencias, roles masculinos e femeninos… David Loira reflexiona sobre a sexualidade en Macho, o seu segundo espectáculo en solitario. Logo de abandonar Pisando Ovos, Loira ofrece unha peza na que xoga coas novas tecnoloxías e as teorías da “Non-acción” evocando un corpo ausente, inmóbil, en estado de coma. A montaxe contou cunha residencia artística do Centro Coreográfico Galego e foi desenvolvida nas pasantías de La Caldera en Barcelona. Macho (Teatro Principal, 10 e 11 de febreiro ás 21:00 horas; 3, 5 e 7 euros) insírese dentro do ciclo SCQ Danza co que a concellaría de Cultura de Santiago apoia esta disciplina artística.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Espectáculo, Teatro, Identidade...