I really want to stay here now, o espectáculo que propoñen Mónica GarcÃa, Ricardo Santana e Iván Marcos, está marcado polo influxo dos anos setenta. A música, a danza e a estética Soul que marcaron aquela época serven de pretexto a estes tres artistas para presentar un espectáculo que reflexiona sobre o ritual, a apropiación, a afirmación do individuo ou o uso do corpo. Sombreiros vaqueros, pantalóns de campás ao ritmo dos berros de James Brown servirán para este espectáculo que se estrea no marco do Empape, o festival de danza que organiza o concello da Coruña (do 2 ao 4 de xullo).