Os premios dos escritores xa teñen finalistas

A AELG abre prazo ata o 12 de abril para seleccionar os gañadores deste ano

A Asociación de Escritores en Lingua galega acaba de facer pública a listaxe de obras finalistas para os seus premios de 2010. Entre os candidatos atopamos, na categoría de Narrativa, as obras Monte Louro, de Luís Rei Núñez, O cabo do mundo de Xabier Quiroga e mais Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido. Na literatura Infantil e Xuvenil, pola súa banda, a escolla está entre Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos e Valados, de Agustín Fernández Paz. En poesía, as opcións son Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e mais O pouso do fume, de Dores Tembrás. Agora ábrese o prazo de votacións entre os socios desta entidade, que se prolongará ata o vindeiro 12 de abril. Os premios entregaranse no transcurso da Cea das Letras, o 17 dese mesmo mes.

Premios AELG 2010. Finalistas:

Blog Literario

1. A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org/), de Francisco Castro
2. As uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com/), de Marcos Valcárcel
3. Axenda Cultural da AELG (http://axendaaelg.blogaliza.org/), de Algueirada (Acción cultural na rede)
4. Brétemas (http://bretemas.blogaliza.org/), de Manuel Bragado
5. Cabaret Voltaire (http://cabaretvoltaire.canalblog.com/), de Santiago Jaureguízar
6. O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org/), de Alfredo Ferreiro



Ensaio

1. A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela
2. As razóns do galego. Apelo á cidadanía, de Henrique Monteagudo
3. Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero
4. Soñadores e Familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, de María Xesús Nogueira Pereira



Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)

1. Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros
2. Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
3. O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos
4. Valados, de Agustín Fernández Paz



Mellor traxectoria xornalística (AELG-Colexio de Xornalistas)

1. Belén Regueira
2. Ana Romaní
3. Xosé Manuel Pereiro
4. Bieito Iglesias
5. Manuel Rivas
6. Fran P. Lorenzo
7. Lino Braxe
8. Anxo Tarrío



Narrativa

1. Monte Louro, de Luís Rei Núñez
2. O cabo do mundo,de Xabier Quiroga
3. Unha historia que non vou contar,de Cid Cabido



Poesía

1. Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza
2. O pouso do fume, de Dores Tembrás



Teatro

1. Delimvois, de Rubén Ruibal
2. Medea dos fuxidos e outras pezas, de Manuel Lourenzo
3. Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa



Tradución

1. Flanagan. Flash-Back, de Jaume Ribera e Andreu Martín, en tradución de Isabel Soto
2. O museo da inocencia, de Orhan Pamuk , en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos
3. Obra dramática completa, de Sarah Kane, en tradución de Manuel F. Vieites
4. Residente privilexiada, de María Casares, en tradución de Ana Belén Martínez Delgado