O Salón Teatro ábrese á música para presentar os últimos proxectos discográficos

Teatro, novo circo e música enchen a programación deste primeiro trimestre

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Linho do cuco, Emilio Rúa, Ophiusa e Diego Bellón son as catro formacións que inaugurarán unha nova liña de programación do Salón Teatro. Un formato que pretende dar a coñecer os últimos traballos dos artistas galegos cun pequeno concerto. Agás esta novidade, o espazo xestionado por AGADIC seguirá fiel aos mesmos criterios de “combinar traballos feitos aquí como fóra”, segundo apuntou o seu director, Juan Carlos Fasero. Teatro, novo circo e danza serán os xéneros programados ata o mes de abril e que arrinca esta fin de semana con Saltimbanquis, o primeiro musical galego pensado para público infantil.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora do circo

A hora do circo

Un ciclo exhibe as relacións do circo con outras artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Emilio Rúa, Danza...