Un grupo de xuristas conclúen que o decreto proposto contradi lei estatais e europeas

Sesenta xuristas determinan que hai indicios de ilegalidade en cinco aspectos

21/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O borrador do chamado Decreto do Plurilingüismo proposto pola Xunta para o ensino non universitario non respecta o noso ordenamento xurídico, é dicir, contradi normas superiores (como a Constitución, o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística). Así o establece a análise técnica feita por un grupo de sesenta xuristas e dada a coñecer onte. O estudo determina que existen cinco aspectos do textos susceptibles de presentar recurso (que deberá presentarse perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Entre eles destacasa a elección lingústica, a regulación de materias baseándose en porcentaxes, ou a equiparación das linguas oficiais a unha estranxeira, entre os máis destacos.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Lei de Normalización Lingüística, Ensino