Espazo Atlántico fecha con éxito a súa primeira edición

A feira recibiu 30.000 visitantes e colleitou boas críticas do sector

18/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A feira de arte contemporánea de Vigo, que se celebrou por vez primeira coa denominación Espazo Atlántico, fechaba na noite de onte as súas portas con bos resultados. A organización calcula en arredor de 30.000 o número de visitantes do evento, 10.000 máis que nos anteriores encontros de arte celebrados na Cidade Olívica. Ademais, institucións coma as fundación Barrié e María José Jove, Caixanova ou a propia feira realizaron importantes adquisicións para as súas coleccións, e en xeral o balance económico tamén foi positivo para os participanes. En diferentes medios recóllense opinións de galerías e asistentes que salientan a necesidade de continuar coa celebración do evento en vindeiras edicións.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

14/01/2010

Galicia xa ten o seu ARCO

Empeza Espazo Atlántico co obxectivo de converterse na referencia da arte contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Atlántico, Caixanova, Fundación Barrié...