Cincuenta e tres galerías de diferentes países expoñen as súas obras en Puro Arte, a feira de arte de Vigo

Arte en estado puro

8/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
“Puro arte”, a feira de galerías de arte de Vigo, chega a súa segunda edición. Vaino facer do 18 ao 22 de outubro co apoio da Xunta, o concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e Caixanova. O evento contará coa participación de 53 galerías de todo o mundo que achegarán ata a cidade olívica as obras de artistas como Picasso, Dali, Miró, Manolo Valdés, Barceló ou Caruncho canda a obra de artistas novos. A feira inclúe tamén a mostra “Nursery” que achega cincuenta pezas de autores hiperrealistas.

Máis información no web do evento e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Vigo, Picasso, Galerías de arte...