Comeza en Vigo a primeira feira internacional de arte

Puro Marco

16/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Baixo o título de “Pura Arte 2006” comeza hoxe en Vigo a primeira feira internacional de arte. Un evento ao que asistirán cincuenta e seis galerías con máis de trescentos artistas de países como Xapón, Italia ou Estados Unidos e que ten como obxectivo achegar á creación contemporánea á poboación. Seguimos na cidade olívica, onde o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) deu a coñecer onte a gañadora do seu premio para Novos Comisarios. A proposta “Doppelgänger ("O dobre da realidade”) da artista mexicana Montserrat Albores foi a seleccionada. O premio será a realización da mostra, que se poderá ver no MARCO entre xullo e setembro de 2007.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do MARCO

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Feira, Galicia Hoxe, Cidade Olívica...