14.000 visitantes coñeceron as novidades da cultura galega

A organización do Culturgal amosa "grande satisfacción" polos resultados do evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A décima edición do Culturgal mantén o número de visitantes que no ano anterior, segundo informou a organización do evento. Tras o remate da feira deste ano, a fundación valorou con "grande satisfacción" os resultados do evento que se celebrou este fin de semana en Pontevedra. Entre os elementos máis destacados, a organización valorou o acordo coa Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal para "estabilizar a presenza de axentes culturais do país veciño na Feira", así como salientaron que o Espazo Arte Contemporánea, estreado nesta edición como unha área de exhibición ao redor da creación plástica, "superou as expectativas".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Norte de Portugal, Pontevedra

Claves

Entidades
Conceptos