O Consello da Cultura e a Asociación de Estudos Galegos asinan un convenio de colaboración

A AIEG promoverá un foro anual en Galicia cada verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Un convenio entre o Consello da Cultura Galega e mais a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) permitirá oficializar a relación que desde hai anos teñen xa estas dúas entidades. Segundo explicou o presidente do Consello, Ramón Villares, "este acordo fai parte da política estratéxica" da institución. A colaboración de cara aos vindeiros anos, está previsto o desenvolvemento do vindeiro Congreso Internacional de Estudos Galegos, que transcorrerá durante cinco días en Cardiff en setembro de 2012. Canda a isto, a AIEG desenvolverá foros anuais no noso país en colaboración coas tres universidades galegas. Ao tempo, o colectivo está a afortalar a súa presenza en Internet, cun perfil de Facebook e mellorando a comunicación Interna dos socios.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Facebook, Internet, Asociación Internacional de Estudos Galegos...