A pasada semana a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) celebraba en Compostela o seu IX Congreso. No marco do evento, que reuniu preto de 250 relatores, o colectivo seleccionou unha nova directiva. Á cabeza da mesma, Craig Patterson, inglés que ensina galego en Cardiff e que traballa na tradución a esta lingua do Sempre en Galiza. Coñecemos da súa man a situación dos estudos galegos no mundo.
Rematado o IX Congreso da AIEG, Patterson sinala que a situación actual da asociación é moi boa. A última executiva fixo un labor magnífico, potenciou moito a asociación e fixo moito por visibilizala a nivel internacional. Este último congreso tivo máis asistencia ca nunca, explica. Como principal reto para os novos responsables, explica que o que queremos facer nós, a asociación, é conseguir máis socios para a potenciala e tocar máis eidos. Deixar de funcionar fundamentalmente en filoloxía e historia, e tocar bioloxía, ciencias, xornalismo, arquitectura ou gastronomía. Trátase de crear unha auténtica asociación que abranga todos os ámbitos científicos en galego.
A pegada no exterior
Malia a que, a priori, pode semellar que o interese por estudar a nosa cultura fóra de Galicia é minoritario, nos últimos anos está a medrar o número de investigadores que, desde diversas institución, se interesan polo noso país. A nivel internacional está a se incrementar o interese por Galicia. Medrou en Estados Unidos ou en Australia, está a medrar no Leste Europeo, e nas Illas Británicas. As probas din que si, e este ano no congreso tivemos máis asistencia que nunca. O vindeiro encontro, que se celebrará en Cardiff (Gales) en 2012, os organizadores agardan batir de novo a marca de asistencia. Para Patterson, o maior interese polo noso país débese a que á xente gústalle Galicia, o seu contexto e a identidade desta nación e o xeito en que a lingua e o territorio a conforman. Nós que damos clases de galego vemos que os alumnos chegan ao galego logo de visitar o país e quedar encantados. Se as universidades ofertan clases, a xente apúntase, pero isto depende da vontade das institucións de os crear. Malia á importancia desta rede, este investigador ten clara a necesidade de incrementar a aposta polos Centros de Estudos Galegos. Os centros deben respaldar a presenza da lingua no mundo desde as bases intelectuais universitarias. Chegar a case 50 en máis ou menos quince anos é unha grande victoria para a tarefa de facer visible a nivel internacional esta cultura. Hai que seguir adiante e non deixar estas cuestións porque son importantísimas. En termos comparativos Galicia aínda ten que acadar un número de centros coma o que ten Cataluña.
A pegada dentro
Malia ao crecente interese internacional por tratar temas galegos nos máis variados ámbitos de investigación, a AIEG é quizais pouco coñecida no noso propio país. Mellorar os vencellos do colectivo con Galicia é tamén un dos obxectivos da nova directiva. A nivel galego pódese publicitar máis. As institucións deberían apoiar máis a asociacións para lembrarlles aos cidadáns a importancia da súa lingua e da súa cultura, que hai xente por todo o munto interesada nelas e traballando sobre estas cuestións. Penso que podemos facer moito máis esforzo a ese nivel, lembra o novo presidente. Debemos acadar máis convenios con outras asociacións e crear pontes con outras redes. De cara o congreso de 2012 temos varios proxectos, coma investigar os vencellos entre a diáspora galega e galesa na Patagonia. Tamén temos que potenciar o web. Fóra do traballo da AIEG, Patterson está nas fases finais de tradución de Sempre en Galiza. É un proxecto moi longo e moi ambicioso, aínda quedará un ou dous anos.
Presentación da nova directiva da AIEG.Rematado o IX Congreso da AIEG, Patterson sinala que a situación actual da asociación é moi boa. A última executiva fixo un labor magnífico, potenciou moito a asociación e fixo moito por visibilizala a nivel internacional. Este último congreso tivo máis asistencia ca nunca, explica. Como principal reto para os novos responsables, explica que o que queremos facer nós, a asociación, é conseguir máis socios para a potenciala e tocar máis eidos. Deixar de funcionar fundamentalmente en filoloxía e historia, e tocar bioloxía, ciencias, xornalismo, arquitectura ou gastronomía. Trátase de crear unha auténtica asociación que abranga todos os ámbitos científicos en galego.