Comezan os traballos de recuperación da casa de Manuel Antonio

O Concello quere continuar a musealización cos fogares de Dieste e de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A que fora casa do poeta Manuel Antonio está en obras desde onte. Ao longo dos vindeiros tres meses o interior inmoble da Rúa de Abaixo será rehabilitado para acoller un futuro museo dedicado a este autor. As obras, orzamentadas en 300.000 euros, supoñen o primeiro paso na recuperación dos antigos fogares de autores rianxeiros destacados. O Concello prevé continuar este labor no futuro abordando a recuperación da casa de Rafael Dieste, xa en mans públicas, e está buscando fórmulas para se facer coa de Castelao.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Antonio, Manuel Antonio, Manuel Antonio, Castelao...