O Concello de Rianxo prevé abrir para o vindeiro ano a Casa-Museo de Rafael Dieste. O goberno municipal asinaba onte un convenio coa Deputación da Coruña para financiar conxuntamente con 236.820 euros unhas obras que se desenvolverán ao longo de dez meses. O proxecto prevé traballos de acondicionamento do inmóbel da rúa de Abaixo, que contará cunha sala de actos e de exposicións no andar inferior inferior, mentres no superior recreará os espazos máis vinculado á vida do autor. Entre outras pezas, o novo centro acollerá mobiliario oxirinal, a incluÃr o piano de Deieste, coleccións de partituras ou primeiras edicións da obra do escritor.
En paralelo, a Fundación Camilo José Cela, xestionada actualmente pola Xunta, anunciou a reapertura nun prazo de seis meses do Museo Ferrocarrileiro John Trulock nas instalacións da entidade e Iria Flavia. A renovación inclúe un traslado deste centro, debido a que o fillo do Nóbel, Camilo José Cela Conde, reclamou o espazo que ocupaba ata o momento logo dunha sentenza xudicial que refrendaba o seu dereito sobre o mesmo. AsÃ, as pezas da colección trasladaranse ao propio Museo Camilo José Cela, e ocuparán as salas dedicadas á viaxe á Alcarria do autor. No marco deste traslado, a Fundación Cela anovou o seu Convenio coa Fundación de Ferrocarriles Españoles para a integración destas pezas, que fan un percorrido pola historia do camiño de ferro no noso paÃs.