Monforte de Lemos celebra un ano dedicado a Lois Pereiro

A Casa da Cultura e a Biblioteca Municipal recibirán o nome do poeta

10/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Biblioteca e mais a Casa da Cultura de Monforte de Lemos recibirán este sábado o nome do poeta Lois Pereiro. O acto de homenaxe supón o comezo dos eventos do Ano Lois Pereiro co que o concello quere recoñecer este autor. A actividade contará coa presenza, entre outros, de autores como Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez e Mercedes Queixas e contará con ambientación musical. O Concello anunciou a súa intención de continuar ao longo do ano con outras actividades para lembrar o poeta.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Lemos, Monforte de Lemos, Casa da Cultura...