Lois Pereiro viaxa no correo postal

O Ateneo de Monforte encarga unha tiraxe de selos e postais sobre o autor na campaña "25 anos con Lois Pereiro"

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Selo e postal conmemorativas de Lois Pereiro   Deseño: Amanita Studio

Selo e postal conmemorativas de Lois Pereiro Deseño: Amanita Studio

As homenaxes que este ano están a promoverse desde Monforte sobre o autor Lois Pereiro (1958-1996) no 25 cabodano da súa desaparición manteñen o pulso cos meses. Tal e como informa o xornal El Progreso, o Ateneo Casino de Monforte encargou a Correos a realización dunha estampa especial sobre o poeta, personalizada cun deseño de Amanita Studio. Esta especial homenaxe dentro da campaña "25 anos con Lois Pereiro" materializase nunha tiraxe de selos e unha postal conmemorativa que inclúe un verso do poeta ao que a Real Academia Galega lle adicou en 2011 o Día das Letras Galegas. Desde o Ateneo Casino sinalaron ao xornal lugués que os actos de celebración de Pereiro non quedarán aquí e que en breve darán a coñecer novas actividades.

Que che parece esta nova?
126 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universo Pereiro

Universo Pereiro

Explora os nosos contidos sobre Lois Pereiro e o Día das Letras Galegas 2011

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Día das Letras Galegas, Real Academia Galega, El Progreso

Claves

Protagonistas