Madrid prepara unha grande homenaxe a Lois Pereiro

O centro La Tabacalera acollerá o 21 de maio concertos, proxeccións e conferencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Proxeccións, graffitis, música, presentacións editoriais, concertos e unha festa gastronómica fan parte do programa da homenaxe a Lois Pereiro que se prepara en Madrid. O colectivo Galicia en Madrid organiza no centro La Tabacalera o vindeiro 21 de maio un acto que quere lembrar o vencello do poeta con esta cidade. Entre outras propostas, proxectarase o documental sobre a vida de Pereiro que realizou Iago Martínez, realizarase unha conexión en directo co feche do Festival de Cans e haberá música da man de JING HANG MAN, os Cunha Brothers, Manu Clavijo e O Leo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Lois Pereiro, Manu Clavijo, Documental...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares