Unha doazón consolida o proxecto da Casa Museo de Manuel Antonio

O Concello de Rianxo anuncia a súa apertura para a vindeira primavera

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Casa Museo de Manuel Antonio abrirá en Rianxo a vindeira primavera, segundo anunciou onte o alcalde desta localidade, Pedro Piñeiro. O adianto fíxose durante a recepción dunha importante doazón de fondos relacionados co poeta rianxeiro. A sobriña do finado achegou á futura casa museo material entre o que se atopan setenta placas fotográficas realizadas polo propio poeta, así como catro cachimbas, fotografías e cartas entre outros obxectos. A futura Casa Museo pretende ser o xermolo da futura Academia Literaria de Rianxo, que comprenderá, canda a esta, as casas museo de Dieste e de Castelao.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Antonio, Manuel Antonio, Manuel Antonio, Concello de Rianxo...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares