Compostela enfronta o Xacobeo con recortes na programación cultural

A Concellaría de Cultura sofre recortes orzamentarios e nos patrocinios

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Ao Concello de Santiago fáltalle un millón de euros para manter a programación cultural do último ano. A política municipal de recortes orzamentarios ameaza con tirar a cuarta parte dos 3,5 millóns de euros cos que contou o departamento de Cultura no pasado ano. Socorro García, resposnable desta área, sinalou ademais que se produciu unha drástica caída dos patrocinios privados e que o apoio doutras administracións é insuficiente. Ante esta situación a cidade aspira a manter os ciclos que se desenvolveron no último ano, coma o programa Entredanzas ou a mostra de arte A cidade interpretada II. Como novidades, prevense actividades arredor de Uxío Novoneyra e do congreso internacional de literatura infantil e xuvenil que se celebrará na cidade.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Uxío Novoneyra, Literatura, Concello de Santiago...

Claves

Protagonistas
Conceptos