Vigo tampouco será a sede definitiva do Festiclown. Este evento, que pasou xa por diferentes cidades da nosa xeografÃa, non se celebrará esta ano na Cidade OlÃvica polos recortes orzamentarios. Segundo apunta hoxe La Voz de Galicia, o concello decidiu eliminar a cita dos seus orzamentos. Nas vindeiras semanas saberase da continuidade doutros eventos como o Festival de Teatro e Danza Alternativo ou o Imaxina Sons. Pola contra, está xa confirmada unha nova edición do Sinsal, aÃnda que sen apoio muncipal. Na pasada edición as arcas municipais achegaran 120.000 euros ao Festiclown.
Segundo sinala Faro de Vigo, a partir do proxecto de orzamentos para 2012 que se presentou onte, os recortes oscilan entre o 21% de Cultura, e o 26% que afecta a patrimonio histórico. En concreto, partidas como a destinada á programación de teatro e danza baixa de 335.000 a 200.000 euros, e a de actuacións para o Auditorio de Praza do Rei, de 110.000 a 50.000. A Pinacoteca, pola súa banda, contará con investimentos este ano, e tamén está prevista unha partida para o Museo Liste.