O Festiclown trasládase a Vigo cun programa de transición

O programa centrarase na formación e mais na homenaxe a Carlo Colombaioni

3/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Mundoclown é o nome co que o Festival Internacional de Clown de Galicia aterra este mes de agosto en Vigo. Cooperactiva Cultural, a empresa que organiza este evento, confirma que se suspendeu a edición deste ano do Festiclown, que se celebraba en Compostela, e que este programa servirá coma ponte de cara á vindeira edición. Entre as actividades previstas na Cidade Olívica, está a celebración do Formaclown, con cursos a cargo de Philippe Gaulier, Claudia Contin, Ferruccio Merisi ou Jango Edwards entre outros. Ademais, celebrarase o Memorial Carlo Colombaioni en homenaxe ao artista recentemente falecido. A empresa non confirmou polo momento, se o Festiclown continuará en Vigo en vindeiras edicións.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Cidade Olívica

Claves