Na gala de entrega dos IV premios Chano Piñeiro, Alberto Núñez Feijóo incidiu na necesidade de ter un audiovisual “forte e competitivo” para o que se necesita unha única polÃtica audiovisual. En canto ao organismo que se encargará de facelo, Feijóo apuntou que se saberá en breve. Sen embargo, acto seguido, o presidente citou á lei do audiovisual para lembrar que “xa contemplaba a creación dun organismo único, transversal, coordinador de actuacións e intereses que na propia lei ten o nome do Consorcio Audiovisual de Galicia, en activo desde 2003 e a pleno rendemento” do que dixo “haberá que reestruturalo e potencialo (desde principios de decembro está sen director-xerente trala marcha de Nacho Varela)”.
Ademais, Feijóo tamén falou do Centro Galego de Artes da Imaxe, do que dixo que está prevista a descentralización das súas actividades. O que non precisou foron os prazos, porque asegurou que “queremos facelo ben, sen présas”. Sen embargo, esa mesma tarde Roberto Varela, conselleiro de Cultura, explicaba no Parlamento as actividades do seu departamento para o 2010, entre as que destacan actuación en materia de audiovisual. Entre elas o acordo de patrocinio para a celebración de 12 festivais de cinema galegos, máis acordos de colaboración con varias produtoras (para os proxectos O apóstolo, The Way e un programa de televisión con produtoras galegas).