A SecretarÃa Xeral de Medios comunicou a sete traballadores do Consorcio Audiovisual de Galicia o martes 22 os seus despedimentos. Trala dimisión o 1 de decembro do director-xerente da entidade, Nacho Varela, e estes novos despedimentos, no Consorcio Audiovisual de Galicia só fica unha traballadora. Esta decisión prodúcese despois de que o pasado dÃa 22 na entrega dos Premios Chano Piñeiro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o Consorcio será o organismo único de xestión audiovisual e que "haberÃa que reestruturalo e potencialo".