Quiosco: Estega número 0

A revista do Sindicato de Traballadores do Ensino estréase a falar sobre a lingua

21/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:

Capa de Estega 0

O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza presenta a súa nova revista, Estega. A publicación sae á rúa cun número cero que se centra de xeito monográfico nos problemas da lingua galega. Un repaso polas plataformas de acción social a prol do idioma, unha entrevista a dúas bandas con Emilio Ínsua e Miguel Louzao ou recensións de libros son algúns dos contidos que se poden atopar nesta entrega, xa dispoñible na rede.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

22/12/2020

Quiosco: Madrygal 23

A revista de estudos galegos feita en Madrid achega case 500 páxinas de contidos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares