Quiosco: Revista Galega de Educación 50

A publicación de Nova Escola Galega repasa 25 anos de ensino no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Capa da Revista Galega de Educación 50

Capa da Revista Galega de Educación 50

O Consello da Cultura Galega acollía esta mañá a presentación do número 50 da Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega. Este número de aniversario fai repaso de 25 anos de ensino no noso país e dos contidos que traballou a publicación no período. Entre outras cuestións, trátase a evolución da literatura infantil e xuvenil neste tempo, achégase unha entrevista con Avelino Pousa Antelo e recupéranse artigos de números anteriores sobre temas como a Lei de Normalización Lingüística ou as distintas políticas educativas que se deron no país. Segundo adianta o director, Xesús Rodríguez Rodríguez, a entrega permite un achegamento ás máis de 6.000 páxinas de contidos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Criaturas 0

Quiosco: Criaturas 0

A revista dixital de literatura infantil e xuvenil comeza a súa andaina

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Nova Escola Galega, Ensino, Lei de Normalización Lingüística...