Quiosco: Madrygal 23

A revista de estudos galegos feita en Madrid achega case 500 páxinas de contidos

22/12/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Madrygal. Revista de estudios gallegos acaba de publicar na rede todos os contidos do seu número 23. O novo volume deste anuario achega case cincocentas páxinas de contidos sobre a nosa cultura, a incluír textos de narrativa e teatro, recensións, unha entrevista con Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, crónicas e estudos sobre historia, lingua ou literatura. Xesús Alonso Montero, Ramón Mariño Paz, Xosé Manuel Sánchez Rei ou Rosario Valdés Blanco-Rajoy son algúns dos nomes que asinan contidos nesta entrega.

En canto a contidos abórdanse cuestións como a figura do trovador Múnio Fernandes de Mirapeixe, as fortalezas medievais na contorna de Santo Estevo de Ribas de Sil, actitudes e prexuízos cara ás variedades estándar de galego e español no contexto educativo ou o universo feminino nas Cantigas de Santa María entre moitos outros temas.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

16/11/2018

Quiosco: Ligeia 2

A revista literaria presenta unha selección de 27 poetas latinoamericanos na súa segunda entrega

28/06/2017

Quiosco: Gallegos 23

Isaac Díaz Pardo protagoniza a nova entrega da revista de Ézaro Edicións

10/11/2011

Quiosco: Grial 191

Os 40 anos do ILG protagonizan a última entrega da revista de Galaxia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Ramón Mariño Paz, Rosario Álvarez, Ramón Mariño...