Wenceslao González ingresa na Academia Internacional de Filosofía das Ciencias

O investigador nado en Ferrol foi docente en numerosas universidades estranxeiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

É unha das entidades máis importantes do mundo no ámbito da filosofía e xurdiu a mediados dos anos cincuenta, co obxectivo de demostrar que a filosofía servía para comprender os resultados da ciencia. Pois ben, esta entidade á que pretenceron científicos e filósofos como Einstein, Schroedinger, Bohr, von Neuman, Popper, Piaget, Bunge, Chomski ou Quine, conta desde esta semana cun galego. Trátase do investigador ferrolá, Wenceslao J. González, catedrático da Universidade da Coruña, docente nas universidades de Saint Andrews, Münster así como na London School of Economics.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Ciencia, Ferrol, Universidade da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares