A nova velliña

A Fundación Risco publica unha BD e unha guía didáctica sobre o conto A velliña vella

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe A velliña vella

Imaxe A velliña vella

A velliña vella é un conto de Vicente Risco que adapta a San Andrés de Teixido unha historia popular irlandesa. Agora, a fundación que leva o nome do ourensán acaba de tirar do prelo unha versión da mesma en forma de banda deseñada. A obra recolle ademais o texto orixinal acompañado dunha ampla guía didáctica que fai propostas sobre cuestións coma arqueoloxía, antropoloxía, comprensión lectora e creación de cómic. Lois Martínez Risco explícanos esta iniciativa e adiántanos os vindeiros proxectos da Fundación Risco no campo da BD: Unha versión de Do caso que lle aconteceu ao Doctor Alveiros xunto con A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, e mais a adaptación de Dédalus en Compostela.

Que che parece esta nova?
165 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Vicente Risco, foto a foto

Vicente Risco, foto a foto

Vida e época de Vicente Risco percorre con imaxes a biografía e as teimas deste pensador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Vicente Risco, Antropoloxía, Ouro...