Un simposio analiza a obra de Vicente Risco, O porco de pé

O encontro servirá para presentar unha edición facsimilar e unha unidade didáctica

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cúmprense oitenta anos da primeira edición de O porco de pé, un dos clásicos da Xeración Nós escrita por Vicente Risco. Para celebrar a efeméride, a fundación que leva o seu nome decidiu organizar un simposio (do 1 ao 4 de decembro en Ourense) a propósito da novela que conta como “Don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde”. Luis Martínez Risco, da Fundación Vicente Risco, afirma que “nos parecía oportuno actualizar a obra e dala a coñecer, principalmente porque segue a ser unha lectura obrigada nas aulas” Arturo Lezcano, Anxo Tarrío, Manuel Forcadela son algúns dos participantes deste encontro no que se presentará unha edifición facsimilar da obra (editada por Galaxia e que non estará nas librarías) así como unha unidade didáctica sobre a obra (que estará dispoñible no sitio web da Fundación).

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A nova velliña

A nova velliña

A Fundación Risco publica unha BD e unha guía didáctica sobre o conto A velliña vella

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Manuel Forcadela, Arturo Lezcano, Manuel Forcadela...