Refórzase a reedición e difusión das obras de Risco

A Fundación Vicente Risco e a editorial Galaxia asinan un convenio para establecer un marco de traballo nese sentido

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Refórzase a reedición e difusión das obras de Risco

Un protocolo de traballo entre a Editorial Galaxia e a Fundación Vicente Risco asegurará que as obras do autor ourensán cheguen ao público "dun xeito sistemático e coidado". Este é o contido dun convenio de colaboración asinado onte entre ambas entidades representadas pola presidenta da fundación, Celia Pereira Porto, e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión. O obxectivo é o de espallar, publicar, dar a coñecer e reimprimir a obra de Vicente Risco dentro das coleccións da editorial. Malia que era algo que xa se viña facendo dun xeito regular, este protocolo de traballo axudará a que os libros do autor de "O porco de pé", unha das figuras centrais da nosa historia cultural e literaria, estean presentes dun xeito constante nas librarías de todo o noso país.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Vicente Risco, foto a foto

Vicente Risco, foto a foto

Vida e época de Vicente Risco percorre con imaxes a biografía e as teimas deste pensador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Editorial Galaxia, Fundación Vicente Risco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...