Fernando Iglesias presenta Dédalus en Compostela

O novo álbum versiona en banda deseñada o relato de Vicente Risco

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fernando Iglesias presenta Dédalus en Compostela

A Fundación Vicente Risco e mais a Deputación de Ourense presentaban onte en público Dédalus en Compostela. Fernando Iglesias asina o álbum co que adapta a banda deseñada o relato homónimo de Vicente Risco. Publicado orixinalmente en 1929, o texto narra o encontro entre o propio Risco e mais Stephen Dédalus, alter ego de James Joyce, e o seu paseo polas rúas da capital galega. Segundo asegurou Iglesias, "máis do 70 por cento do texto orixinal da obra está recollido no cómic, que ten un punto fantástico porque o relato tamén o é". A obra sae cunha tiraxe de 1.000 exemplares a toda cor.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A nova velliña

A nova velliña

A Fundación Risco publica unha BD e unha guía didáctica sobre o conto A velliña vella

Vicente Risco, foto a foto

Vicente Risco, foto a foto

Vida e época de Vicente Risco percorre con imaxes a biografía e as teimas deste pensador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Fernando Iglesias, Banda deseñada, James Joyce...