A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, ven de presentar unha iniciativa no Parlamento na que lle demanda ao Goberno que reconsidere a decisión de suprimir os Premios Nacionais da Cultura Galega que adiantou o Conselleiro de Cultura o pasado xullo. Ana Pontón lembra que o anterior goberno puxo en marcha esta iniciativa no 2008 “coa finalidade de poñer en valor e dignificar aos nosos creadores e creadoras, ao igual que se fai noutros paÃses do mundo”. Ana Pontón pÃdelle ao Goberno do PP que “reconsidere a súa decisión, porque aÃnda está a tempo de rectificar, e non prive á nosa cultura do apoio e relevo que merece”. Pontón ve na “desvalorización da cultura da nosa nación, as causas que están detrás desta decisión”. Deste xeito, a deputada do BNG pregúntalle ao Goberno de Feijóo se ten previsto a Xunta de Galiza convocar no ano 2010 os Premios Nacionais da Cultura Galega; se se van manter as mesmas categorÃas do ano 2008 e se van reformular os contidos da orde que os regulaba.