Auga dóce duplica o custe de Gallaecia Pétrea segundo a cifra facilitada por Xesús Vázquez

O conselleiro de Cultura cuantificou en 260.000 euros o custe da mostra sobre a pedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, respondía onte no Pleno do Parlamento a unha pregunta da deputada nacionalista, Ana Pontón, sobre custe real da exposición "Gallaecia Petrea", a primeira gran exposición da Cidade da Cultura. Segundo o conselleiro, a mostra que documentaba a historia da pedra no noso país supúxolle ás arcas públicas 260.000 euros. Unha cifra que motivou unha lea coa deputada nacionalista Ana Pontón, que lle acusou de rebaixar unha cifra que noutra comparecencia ascendía a 664.00 euros. De concretarse a última cifra facilitada por Vázquez o custe da exposición sobre a pedra sería menos da metade do custe da actual mostra, Auga Dóce que se achega a auga a través de setecentas obras de arte chegadas de diferentes museos do mundo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) ten publicados os contratos do transporte (383.171,52 euros), montaxe (186.827 euros) e catálogo (49.000,00 euros) desta exposición, cuxa suma ascende a 618.998,52 euros sen IVE.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Gallaecia, IVE, Museos...

Claves

Protagonistas
Lugares