BNG e PSdeG piden que AGADIC asuma formalmente as competencias no sector audiovisual

O PP vota en contra da moción nacionalista que esixe a supresión do Consorcio Audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ana Pontón, deputada do BNG, propuxo onte no Parlamento unha iniciativa que pedía a disolución do Consorcio Audiovisual de Galicia (e que as súas competencias as asuma a Agadic), incrementar os investimentos da Xunta nesta materia, cumprimento da obriga legal da CRTVG de invertir no financiamento, recuperar o proxecto de Flocos.tv e elaborar un Plan Estratéxico para o sector, entre outras medidas. A súa proposta contou co apoio do PSdeG, pero non co do PP que fixo valer a súa maioría para desbotar a moción. O deputado popular de Cultura, Ignacio López-Chaves, aproveitou a súa intervención para cifrar en 42 os proxectos audiovisuais que están en marcha neste 2011, fronte os 42 do ano anterior.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PsdeG, BNG, CRTVG, Consorcio Audiovisual de Galicia...