Rosa Martínez faise co Tesoira 2009 cunha colección que xoga cos materiais

O luns comeza en Pontevedra o desfile de fin de carreira da Escola de Deseño e Moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

Pezas de madeira, cerámica xunto con tecidos como o raso ou o punto e todo inspirado nos cortes xaponeses. Esta foi a aposta coa que Rosa Martinez se fixo co premio Tesoira 2009, o único galardón que existe en Galicia para premiar a creación aplicada á moda. Victoria Estévez e Jesica Costas quedaron en segunda e terceira posición coas súa coleccións Baobabs e Ratiñas, respectivamente. Por outra banda, o luns comeza en Pontevedra Debut 09, o desfile de fin de carreira da Escola de Deseño e Moda de Galicia que se complementa con obradoiros de traballo e encontros no que participarán profesionais do mundo da moda como José Castro ou representantes de Bimba&Lola e Caramelo.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Moito máis que un debut

Moito máis que un debut

Obradoiros, showrooms, xornadas técnicas e un desfile exhiben a creatividade dos alumnos de Esdemga

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Pontevedra, Cortes

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares