Comezaron o pasado luns con obradoiros sobre o origami aplicado á moda, o deseño e o creación de calzado. Con estes seminarios formativos abriuse unha semana de actividades que ten esta noite (20:30 horas, no Pazo de Congresos) o seu prato forte: o desfile dos proxectos de fin de estudos da quinta promoción de Esdemga, a Escola Superior de Deseño e Moda de Pontevedra. É unha das citas do ano da creación de moda galega, que este ano presenta importantes novidades.
Baixo o nome de Debut 2011, a Escola Superior de Deseño e Moda ofrece unha semana de programación cunha dobre finalidade: dunha banda, un proxecto didáctico e formativo destinado aos seus alumnos; e, da outra, un conxunto de actividades divulgativas para dar a coñecer a súa orixinal proposta ao conxunto da sociedade. Nesta ocasión, o programa pivota sobre cinco actividades que están a camiño entre eses dous obxectivos.
O debut, propiamente
Hoxe é o dÃa grande da programación no que teñen lugar os actos centrais. Como principal novidade, Esdemga estrea un Showroom que permite coñecer e mercar traballos de novos creadores. Un espazo no que se inclúe o proxecto MACUTO, que consiste na intervención de macutos militares por alumnos e que se insire dentro dunha liña de traballo na que factura gráfica toma un papel protagonista. Unha proposta a medio camiño entre deseño gráfico e moda que se presenta ao público de xeito oficial con forma de pezas únicas. No marco desta iniciativa tamén se encadra BUG, un proxecto de moda infantil a cargo da escola. No propio web de Debút definen esta proposta como “un experimento, case un xogo, unha busca abordada de xeito lúdico onde os nenos e a súa roupa se converten no fÃo conductor”. Trátase da primeira achega que fan neste sector e que pretenden trasladar ás prendas un espÃrito e forma de entender para os pÃcaros.
O espazo do showroom, primeira vez que se poderán comercializar os produtos destes creadores, estará aberto todo o dÃa. Ata que as 20:30 dea comezo o desfile dos Proxectos de Fin de Estudos da quinta promoción deste tÃtulo propio da Universidade de Vigo. É o prato forte desta edición que inclue tamén algún proxecto de alumnos destacados de cursos anteriores. Humbelina Mira, Adrián Rivas e Amara Castro son algúns dos deseñadores que participan nesta ocasión. Unha cita importante para eles, porque é como a súa carta de presentación en sociedade e porque un xurado valorará (e premiará) as súas apostas. Unha canción de Bob Dylan, O Principiño de Saint-Exúpery, unha novela de Stephen King ou a serie de televisión Mad Men son algunhas das fontes de inspiración das coleccións que se poderán ver esta noite no Pazo da Congresos e de Exposicións de Pontevedra.
Primeiros pasos
Logo dos tradicionais obradoiros, este ano enfocados ao calzado máis ao deseño de origami, onte tivo lugar a presentación do proxecto Célula. Trátase da colaboración da empresa Desigual cos alumnos de primeiro curso de Esdemga en forma de workshop. A colaboración permitiralles aos alumnos crear un “produto-moda” no que poderán converxer técnicas como a estampación ou a artesanÃa. Como está destinado aos alumnos de primeiro curso, será a primeira toma de contacto dos estudantes co sector.
Tamén continúa a colaboración estreita entre esta titulación e a marca Purificación GarcÃa que fai posible un proxecto que expositivo e un comercial. Trátase de Novel.12, a oportunidade de que os alumnos teñen para intervir un bolso que producirá a marca Purificación GarcÃa. O gañador recibirá un premio en metálico cuxa contÃa dependerá das vendas do seu bolso nas tendas (será da temporada Primaveira-Verán 2012).
Neste interese por achegar os creadores ao sector profesional, conclúe o programa do Debut2011 cunha xornada técnico-profesional que terá lugar o 25 de novembro na Casa das Campás. AlÃ, egresados, estudantes e empresas farán un intercambio do que cada parte poderá achegar para tirar deste sector que ten un peso importante en Galicia.
Propostas de moda dos alumnos de Esdemga que conforman a pasarela Debut 2011.Baixo o nome de Debut 2011, a Escola Superior de Deseño e Moda ofrece unha semana de programación cunha dobre finalidade: dunha banda, un proxecto didáctico e formativo destinado aos seus alumnos; e, da outra, un conxunto de actividades divulgativas para dar a coñecer a súa orixinal proposta ao conxunto da sociedade. Nesta ocasión, o programa pivota sobre cinco actividades que están a camiño entre eses dous obxectivos.