Unha nai poderÃa perder a custodia das súas fillas por trasladarse de Alcorcón a Vigo e escolarizar as súas fillas na Cidade OlÃvica. O xulgado de primeira instancia e instrución número 6 da primeira localidade reclámalle á dona que retorne a Madrid ou lle ceda a custodia as nenas ao pai. Entre outras razóns, o xuÃz argumenta risco de desarraigamento escolar "pois as menores estiveron escolarizadas desde hai moitos anos (...) en Alcorcón para agora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega (...) que máis aló do ámbito daquela Comunidade Autónoma, non se apreza teña ningunha outra utilidade práctica”. No mesmo sentido, unha sentenza da Audiencia Provincial de Madrid recolle o argumento do "perigo para as menores da problemática relativa á inmersión lingüÃstica en Galicia". O deputado do BNG Bieito Lobeira presentou ante o Parlamento Galego unha Proposición non de lei na que lle reclama á Cámara que se posicione ante esta discriminación, que non dubidou en calificar de "racismo lingüÃstico e de xenofobia".