Andaina: Os resultados da inmersión en galego

A experiencia deste centro monolingue revela que non se dan eivas na aprendizaxe de castelán

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Nun momento no que está de especial actualidade o debate sobre a lingua no ensino, acudimos a un dos escasos centros que traballan cun sistema de inmersión en galego no noso país. Xabier Álvarez, coordinador do Equipo de Normalización Lingüística do colexio Andaina, na Coruña, explícanos como funciona o seu sistema e os resultados que dá logo de vinte anos. “Fóra dos primeiros cursos de infantil, o emprego oral na práctica é moi reducida”, sinala. “Como non se aplique ben o actual decreto, o futuro é francamente preocupante para a nosa lingua”, conclúe. Canda a isto, achegámosche o tríptico no que este centro explica as razóns do seu proxecto lingüístico.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Ensino, A Coruña